“BONOS PADRÓN, Padrón ten o que precisas”
1. OBXECTO E FINALIDADE
O obxecto desta iniciativa é dinamizar o comercio local e reactivar a actividade económica e social de Padrón mediante a concesión de subvencións directas aos establecementos adheridos, a través dun sistema de bonos desconto ao consumidor non nominativos.
A Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Padrón pon en marcha no presente ano 2025 unha nova iniciativa. “BONOS PADRÓN, Padrón ten o que precisas”, mediante a emisión de Bonos para o consumo nos negocios, establecementos comerciais, hostaleiros e aloxamento de Padrón, contando co compromiso e colaboración de toda a cidadanía para a revitalización da actividade económica local con motivo de dotar de liquidez aos negocios como motor de desenvolvemento económico, e para o mantemento e a creación de emprego a nivel local, axudándolles a sacar adiante os seu proxectos laborais e empresariais, que sendo transversais a todos os sectores, son vitais para a actividade económica.
Por este motivo, resulta imprescindible e necesaria a posta en marcha dun instrumento público.
As Bases reguladoras da iniciativa “BONOS PADRÓN, Padrón ten o que precisas”, son as seguintes:
2. ORZAMENTO
O Concello de Padrón destina ao programa un crédito de 20.000 € para a primeira convocatoria dos “BONOS PADRÓN, Padrón ten o que precisas”.
Emisión dunha partida de 2.000 bonos por valor de 10 € c/u. para compras de 20 € o superiores.
O gasto correspondente financiarase con cargo ás partidas orzamentarias municipais destinadas ao fomento social do emprego para activación da actividade económica local.
3. ACTIVIDADE SUBVENCIONABLE
Serán subvencionables as vendas realizadas polos establecementos adheridos nas que se empreguen os bonos municipais, os cales aplicarán un desconto ao cliente polo seu importe e serán posteriormente reembolsados polo Concello ao establecemento.
A finalidade destas axudas é facilitar medios aos negocios, para manter o tecido laboral do comercio existente no Concello de Padrón.
“BONOS PADRÓN, Padrón ten o que precisas”, nos establecementos comerciais retallistas, hostalería e aloxamento adheridos ao programa a través da plataforma https://www.bonospadron.gal
4. PERSOAS BENEFICIARIAS
Serán beneficiarios directos das subvencións os establecementos comerciais, hostaleiros e de aloxamento adheridos ao programa, que troquen correctamente os bonos recibidos polos clientes durante o período da campaña.
5. SOLICITUDE E PROCESO DE ADHESIÓN Á CAMPAÑA. COMERCIANTES, HOSTALEIROS E ALOXAMENTO
5.1. Os establecementos que desexen adherirse ao programa “BONOS PADRÓN, Padrón ten o que precisas” deberán rexistrarse a través da web https://www.bonospadron.gal e indicar a seguinte información:
– Nome e apelidos ou razón social.
– Establecemento comercial, hosteleiro ou aloxamento.
– NIF o CIF.
– Nome, apelidos e DNI o NIE da persoa representante (no seu caso).
– Nome comercial.
– Enderezo do establecemento.
– Número de teléfono.
– Correo electrónico.
– IAE.
– Data de alta da actividade.
– Certificado de conta bancaria.
Xunto coa solicitude aportarán os datos relativos ao seu negocio e un certificado de titularidade da Conta Bancaria designada para a consignación dos aboamentos que correspondan en función das vendas realizadas.
O prazo para adherirse ao programa abrirase o 15 de novembro e rematará o 25 de novembro de 2025.
Poderán adherirse ao programa “BONOS PADRÓN, Padrón ten o que precisas” os establecementos comerciais retallistas, hostaleiros e aloxamento que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
- Que teñan a súa sede de actividade no municipio de Padrón e que reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
- Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.
A alta e o uso da aplicación polos comerciantes e hostaleiros suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade conforme o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da cal serán informados convenientemente.
Os comerciantes, hostaleiros e aloxamento deberán declarar o cumprimento das condicións e requisitos de participación establecidos e a veracidade dos datos indicados, sen prexuízo de cantas outras formalidades estean obrigados a cumprir. O Concello de Padrón poderá comprobar ou, de ser o caso, solicitar en calquera momento os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.
Non se admitirán nin terán en conta as solicitudes presentadas por establecementos que non cumpran coas anteriores condicións nin coa forma establecida nesta convocatoria.
O nome comercial e localización dos establecementos adheridos ao programa “BONOS PADRÓN, Padrón ten o que precisas” farase público na web https://www.bonospadron.gal
Os distintivos acreditativos da participación ao programa “BONOS PADRÓN, Padrón ten o que precisas”, estarán a disposición dos establecementos, na Oficina de Turismo do Concello a partir do 17 de novembro de 2025.
Entenderase que os establecementos que non coloquen en lugar visible os distintivos renuncian á participación, quedando automáticamente excluídos da Campaña “BONOS PADRÓN, Padrón ten o que precisas”.
5.2. Solicitude de adhesión ao programa de forma presencial COMERCIOS, HOSTALERÍA E ALXAMENTO.
Opcionalmente, a solicitude de adhesión ao programa poderase solicitar presencialmente no departamento de Turismo do Concello de Padrón, para todos os comercios que non teñan un enderezo electrónico.
Neste suposto deberase aportar a seguinte documentación:
– Nome e apelidos ou razón social.
– Establecemento comercial, hosteleiro ou aloxamento.
– NIF o CIF.
– Nome, apelidos e DNI o NIE da persoa representante (no seu caso).
– Nome comercial.
– Enderezo do establecemento.
– Número de teléfono.
– Correo electrónico.
– IAE.
– Data de alta da actividade.
– Certificado de conta bancaria.
6. OBRIGAS DO ESTABLECEMENTO ADHERIDO
O establecemento adherido comprométese a, aportar, en tempo e prazo a documentación que lle sexa requirida dende o Concello.
Así mesmo os negocios adheridos deberán cumprir cos seguintes requisitos:
- Ter a disposición da clientela unha copia das bases para a súa consulta.
- Situar en lugar visible na entrada dos establecementos os Distintivos Identificativos da Campaña “BONOS PADRÓN, Padrón ten o que precisas”.
- Facer un uso responsable dos Bonos evitando calquera uso fraudulento dos mesmos.
7. CARACTERÍSTICAS E CONDICIÓNS DOS BONOS.
Establécese unha única modalidade de bono:
Bono cun Valor de 10 € (IVE incluido) c/u. para compras de 20 € o superiores.
O bono terá a consideración de bono desconto para as compras e consumos realizados nos establecementos adheridos https://www.bonospadron.gal
Cada persoa poderá solicitar e obter ata 2 Bonos por DNI ou NIE (sempre orixinais); polo que so se poderá acumular un valor máximo de 20 € por persoa.
Os bonos non serán nominativos, podendo ser utilizados por calquera persoa.
O número Total de Bonos que se porán á disposición será de: 2.000 unidades.
O importe dos Bonos non consumidos non será recuperable.
O importe de cada bono deberá gastarse nun único establecemento comercial, hostaleiro ou aloxamento.
O importe da compra será de 20 € o superior.
O comercio descontará o importe do bono no momento da compra e gardará o bono orixinal co tícket correspondente.
Os Bonos non son cambiables por diñeiro en efectivo.
No caso de que se produza unha devolución do produto, o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, non sendo posible a devolución de diñeiro en efectivo.
O prazo límite para gastar os Bonos rematará o 31 de decembro de 2025 (este inclusive).
A adquisición dos Bonos será de forma presencial no lugar que se anuncie posteriormente polo Concello dende o 1 de decembro ata o 31 de decembro de 2025 ou ata esgotamento dos mesmos.
Co fin de fomentar o consumo local entre os veciños do municipio, establécese un período preferente de adquisición de bonos para persoas empadroadas, do 1 ao 3 de decembro, que serán expedidos conforme orden de chegada.
A partir do 4 de decembro, os bonos poderán ser adquiridos por calquera persoa, empadroada ou non, en igualdade de condicións.”
Só se entregarán bonos en formato físico á persoa titular do Documento de Identificación que se exhiba no momento da adquisición. Queda prohibido adquirir bonos físicos por conta e/ou en representación de terceiras persoas distintas do titular do DNI.
Non se entregarán Bonos a menores de idade.
Tendo en conta que a iniciativa pretende a dinamización e revitalización do emprego no Comercio Local e de Proximidade, queda excluído o gasto dos Bonos en alimentación nos Supermercados, Grandes Áreas Comerciais e venta ambulante.
8. SOLICITUDE DOS BONOS
PRESENCIAL
O bono poderase solicitar presencialmente no lugar que se anuncie posteriormente polo Concello dende o 1 de decembro (a partir das 10 horas) ata o 31 de decembro de 2025.
Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá indicar a seguinte información:
- Nome e apelidos.
- Localidade onde se atopa empadroado. Acreditarase coa dirección do DNI. No caso de cambio de domicilio posterior a expedición do DNI, deberá acreditarse con certificado de empadroamento máis recente.
- Maioría de idade.
- DNI ou NIE.
- Número de teléfono móbil.
- Correo electrónico.
As persoas usuarias deberán declarar responsablemente a veracidade dos datos indicados. O Concello de Padrón poderá solicitar, en calquera momento, os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.
Coa presentación da solicitude os usuarios asumen o compromiso de trocar o 100% do valor do bono.
9. DURACIÓN DA CAMPAÑA
A adquisición dos bonos comezará o 1 de decembro do 2025 ata o esgotamento.
O prazo límite para consumir os Bonos rematará o 31 de decembro de 2025 (este inclusive).
10. PROCEDEMENTO DE TROCO DOS BONOS POR PARTE DOS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS
Para levar a cabo o troco dos bonos, os establecementos participantes deberán achegar no lugar que se anuncie posteriormente polo Concello o bono ou bonos orixinais que recibisen, así como o tícket ou factura do gasto correspondente.
En tanto o pagamento mediante a aplicación do desconto correspondente e abono das cantidades descontadas aos establecementos adheridos, ten lugar con carácter posterior a xustificación. O prazo para presentar os bonos para o procedemento de abono será do 1 ao 16 de xaneiro do 2026.
O Concello procederá ao aboamento das cantidades correspondentes a cada establecemento, mediante transferencia bancaria, que se realizará na conta bancaria facilitada polo establecemento participante, considerando o comercio como beneficiario directo da subvención.
Non se abonarán bonos falsificados, rotos, deteriorados ou presentados a partir da data límite para gastalos (31 de decembro de 2025).
O CONCELLO RESÉRVASE O DEREITO DE APARTAR PARA FUTURAS CONVOCATORIAS E DENEGAR A LIQUIDACIÓN DOS BONOS A AQUELES NEGOCIOS NOS QUE SE DETECTE UN USO FRAUDULENTO E LUCRATIVO DA CAMPAÑA.