1. QUE SON OS BONOS PADRÓN?

O programa de Bonos Padrón é unha iniciativa do Concello de Padrón para dinamizar e reactivar a actividade económica incentivando a compra de proximidade mediante bonos para o consumo no comercio, na hostalería e aloxamento local.

2. COMO FUNCIONAN OS BONOS?

Establécese unha única modalidade de bono.

Bono cun valor de 10 € (IVE incluido) c/u. para compras de 20 € o superiores.

Cada cliente poderá solicitar ata 2 bonos de 10€ (IVE incluído) c/u; polo que so se poderá acumular un valor máximo de 20 € por persoa.

O importe de cada bono deberá consumirse nun único establecemento nas compras de bens ou de servizos que se realicen entre o 1 e o 31 de decembro de 2025, nos establecementos adheridos ao programa.

COMERCIOS

3. QUEN PODE ADHERIRSE AO PROGRAMA?

Todos os establecementos comerciais, de hostalería (pemes ou autónomos) e aloxamentos que teñan súa actividade no municipio de Padrón e cumpran, ademáis, os seguintes requisitos:

  • Que teñan a súa sede de actividade no municipio de Padrón e que reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
  • Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.

4. COMO SUMARSE AO PROGRAMA?

Entra aquí e rexistra o teu negocio indicando os teus datos.

5. COMO SE REALIZARÁ O COBRO DOS BONOS?

As persoas beneficiarias dos bonos pagarán as súas compras no establecemento cun bono desconto de 10 € (IVE incluido) c/u. para compras de 20 € o superiores.

Os comerciantes, hostaleiros e aloxamento adheridos ao programa deberán achegar ao departamento de Turismo os orixinais que recibisen, así como o tícket ou factura do gasto correspondente.

En tanto o pagamento mediante a aplicación do desconto correspendente e abono das cantidades descontadas aos establecementos adheridos, terá lugar con carácter posterior á xustificación. O prazo para presentar os bonos para o procedemento de abono será dun mes (do 1 ao 16 de xaneiro do 2026).

6. CANDO FINALIZA O PRAZO PARA ADHERIRSE AO PROGRAMA?

O prazo de adhesión manterase aberto dende o 15 de novembro ata o 25 de novembro de 2025, pero rexístrate canto antes para que os teus clientes poidan trocar os seus bonos!

CLIENTES

3. COMO SOLICITAR OS BONOS?

A adquisición dos Bonos será de forma presencial na Escola de Música Municipal (de 11:00 a 18:00) do Concello de Padrón dende o 1 de decembro ata o 31 de decembro de 2025, ou ata esgotamento dos mesmos.

Establécese un período preferente de adquisición de bonos para persoas empadroadas no Concello, do 1 ao 3 de decembro.

4. QUEN PODE OBTER OS BONOS?

Calquera persoa pode beneficiarse do programa. Non é preciso que estea empadroada no Concello de Padrón. O único requisito é ser maior de idade.

5. ATA CANDO SON VÁLIDOS OS BONOS?

O prazo de adquisición e consumo comenza o 1 de decembro e remata o 31 de decembro de 2025. Rematado o período de validez, o bono non trocado caducará. A caducidade do bono leva consigo a perda da totalidade do importe non consumido, sen poder instar a súa devolución. Así que non esquezas trocar os teus bonos antes de que finalice este prazo!

6. COMO TROCAR OS BONOS?

No momento de pagar deberás presentar o teu bono.

O importe de desconto de cada bono se descontará do importe da compra ou servizo para compras de 20 € o superiores.

O importe de cada bono deberá gastarse nun único establecemento adherido.

7. ONDE SE PODE MERCAR COS BONOS?

A listaxe de establecementos comerciais, de hostalería e aloxamento adheridos ao programa será publicada aquí co seu nome e localización.

Así mesmo, todos lucirán no exterior carteis e adhesivos coa imaxe do programa para indicar que alí podes trocar os teus bonos.

8. QUE OCORRE EN CASO DE DEVOLUCIÓN DOS BENS COMPRADOS?

No caso de que se produza unha devolución do produto, o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, non sendo posible a devolución de diñeiro en efectivo.

participa
Bonos Padrón
Resumo da privacidade

Este sitio web usa cookies para proporcionarche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.